GRACIAS SOCIOS PROTECTORES!
Finalizado o ano toca dar as gracias aos socios protectores da ABE 2024 que coa súa contribución axudan a seguir a senda de crecemento da asociación.
No pasado ano acadáronse miles de impactos publicitarios correspondentes á inclusión da imaxe corporativa das empresas nas campañas de promoción comercial.
Ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de admisión de novos socios protectores.
Boiro 21 de xaneiro de 2025
Finalizado o ano é o momento de difundir o impacto publicitario que tivo nos socios protectores da ABE o pasado ano 2024 (Jealsa, García Sánchez, Gupo JJ Chicolino, España y Fernández y Clínica dental Rebeca Ozores)
No pasado ano acadáronse miles de impactos publicitarios correspondentes á inclusión da imaxe corporativa das empresas nas campañas de promoción comercial, campañas de marketing dixital, publicacións en redes sociais, campañas publicitarias en medios de comunicación tradicionais, presencia permanente nas pantallas das aulas e salón de actos e de maneira mais visual no photocall dos premios ABE e Fálame sempre aos que en conxunto asistiron mais de 400 persoas.
A ABE quere expresar publicamente o agradecemento da xunta directiva para o compromiso e colaboración que amosan estas empresas coa asociación xa que como indica o presidente, Daniel García “Ser socio protector non so significa un apoio económico para a entidade senon un compromiso co desenvolvemento económico do concello, por todo elo queremos felicitar e agradecer ás empresas ese compromiso”
A figura de socios protectores púxose en marcha en xaneiro de 2017 e a súa característica principal é que a cambio dunha cuota extraordinaria anual a ABE inclúe a imaxe da empresa nas actividades que realizará durante o ano o que supón un importante retorno para as empresas.
O vindeiro 1 de febreiro comeza a nova anualidade e ata o 31 de xaneiro está aberto o prazo de admisión de novos socios protectores. As empresas asociadas que entendan que esta figura pode ser beneficiosa para elas poden contactar coa ABE onde lles informarán das vantaxes e obrigas que supón.